PHD Thesis


Ramón Otero Pedrayo: unha narrativa fundacional


Reading Date

Jun 10, 2002
Faculty

Filoloxía
University

Universidade da Coruña
Department

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Mark

Cum Laude
Directed by

Pilar García Negro
Xosé María Dobarro Paz
Description

Esta tese de doutoramento explica o concepto de novela fundacional e os procesos de configuración do discurso identitario na Galiza do primeiro terzo do século XX. A parte central da tese desenvolve os ideoloxemas identitarios na narrativa de Otero Pedrayo centrándose na definición de “comunidade imaxinaria”, os conceptos de “mapa” en relación coa paisaxe (referencia ao nacionalismo xeográfico). O punto máis estudado neste apartado é o das relacións sentimentais como alegoría e procura dunha relixiosidade galega (o neopriscilianismo). O último ideoloxema refírese aos protagonistas no proxecto de construción nacional (Bildungsroman viaxe iniciática etc). Despois de estudar a última novela do autor como revisión e autoparodia dos temas presentados no apartado anterior, refire a recepción da obra de Otero Pedrayo no seu momento e con posterioridade.