Tese de doutoramento


Antonio Noriega Varela: vida e obra


Data de Lectura

1-xaneiro-1992
Facultade

Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa
Cualificación

Sobresaliente Cum Laude
Dirección

Xosé María Dobarro Paz
Descrición

Este traballo consta dos seguintes apartados: bibliografía, introdución, edición, apéndices e índices. Na "Introdución" estúdase o contorno histórico-social e estético-cultural en que se desenvolve a vida e a obra de Antonio Noriega Varela, a biografía, o perfil humano e ideolóxico e a obra. Na "Edición" preséntanse criticamente os poemas das diferentes obras, Montañesas e Do Ermo, xunto con poemas expurgados e non recompilados polo autor. Ademais edítase toda a obra recolectora do autor, tanto lingüística como de literatura popular. Nos "Apéndices" reprodúcense distintos certificados que afectan a circunstancias da súa vida, correspondencia literaria, recensións da obra, poemas a el dedicados, etc. Os "Índices" son de palabras citadas en nota, de primeiros versos, de títulos de poemas e de nomes propios.