Tese de doutoramento


Lingua galega e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS


Data de Lectura

17-outubro-2014
Facultade

Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación

Sobresaliente Cum Laude
Título acadado

Doutora en Filoloxía Galega
Co-dirección

Descrición

A presente tese de doutoramento "Lingua galega e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS" analiza as características das novas tipoloxías textuais e dos códigos lingüísticos que se xeraron a partir do desenvolvemento da comunicación electrónica. En particular, focaliza a súa atención na modalidade discursiva das mensaxes de texto e no sistema de escrita abreviada coñecido como “a linguaxe SMS”, en tanto que medio e vehículo da interacción persoal. Neste sentido, xulgamos que as particulares condicións en que se desenvolve a comunicación no contorno dixital e as posibilidades interactivas das súas aplicacións determinan a aparición de novos modos de interlocución e, en consecuencia, de modelos textuais e códigos lingüísticos novidosos que exixen reflexión desde un prisma filolóxico e lingüístico. Con tal propósito, pareceunos relevante non só describirmos as súas propiedades textuais e gramaticais, que constitúen o argumento principal, mais tamén realizarmos unha aproximación diacrónica e sociolóxica que permita entendermos estas modalidades no contexto en que se enmarcan, determinarmos o grao de innovación e de débeda a respecto doutros sistemas de comunicación, eliminarmos os preconceptos que existen aínda en relación con estas prácticas e, por último, constatarmos a proxección sociocultural e o enorme potencial que nos ofrece este fenómeno lingüístico.