Tese de doutoramento


A formación de palabras no galego medieval: a afixación


Data de Lectura

19-setembro-2012
Facultade

Facultade de Filoloxía
Universidade

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Cualificación

Sobresaliente Cum Laude
Título acadado

Doutor en Filoloxía Galega
Descrición

Este traballo de investigación ten como obxectivo principal realizar o primeiro estudo histórico-descritivo dos diferentes procesos de formación de palabras en que interveñen afixos, con base nunha selección textual representativa do galego medieval. O corpus, en que analizaremos as diferentes clases de afixación (prefixación, sufixación, parasíntese e derivación regresiva), está delimitado á produción literaria, de modo que se estende do século XIII ao XV. Alén disto, a descrición dos prefixos, sufixos, parasintéticos e regresivos, permitiranos observar a mudanza lingüística que estes sofren ao longo dos séculos e que semella estar sometida a variábeis de produtividade e de concorrencia afixal, feito que pode derivar nunha rivalidade e futura substitución. Para levarmos a cabo este estudo, foi preciso contextualizarmos o fenómeno da afixación; así, primeiramente, ofrecemos un panorama histórico da formación de palabras na teoría lingüística xeral e nos estudos galego-portugueses e, a seguir, elaboramos unha revisión da afixación e dos seus diferentes mecanismos. Neste sentido, destaca o feito de estudarmos unicamente as formacións afixais que se produciren no mesmo sistema lingüístico. Finalmente, explotamos o resultado dos datos deste estudo coa construción do Dicionario de afixos do galego medieval, que conforma o primeiro dicionario temático de afixos.