Persoal investigador integrado


Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

Axudante doutor
881014709

Carlos Caetano Biscainho Fernandes (A Coruña 1968), doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce na actualidade como profesor na Universidade da Coruña.

Actor, profesor e ensaísta especializado no sistema teatral galego. No ámbito actoral, seguiu estudos de Arte Dramática con Arkadi Nemirovski, Doina Fagadar, Liudmila Ukólova, Ángel Gutiérrez, Claude Buchvald e Jacques Nichet, e, para alén do seu traballo nos palcos, tense dedicado á formación de intérpretes, á crítica de espectáculos e á investigación do campo teatral galego, con especial atención ao papel da lingua como norma sistémica.

É autor das monografías Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas (2017), Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego (2008), A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral (2007) e Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004). Aliás, é coautor dos volumes O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego, 1990-1999 (2000).

Integrante do Consello Editorial da Biblioteca-Arquivo "Francisco Pillado Mayor" da Universidade da Coruña, dirixe a Serie Azul das súas publicacións (Literatura teatral galega).

En 2016 foi galardoado co XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística (2016). Desde 2018 é membro da Academia Galega de Teatro.

 

 

  • Publicacións
  • Proxectos I+D
  • Teses
  • Outros méritos