Persoal investigador colaborador


Xurxo Martínez González

Xurxo Martínez González é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo (2002-2007), diplomado en Estudos Avanzados (2008-2010) e doutor (2010-2015) pola Universidade de Vigo coa tese titulada La Oliva (1856-1857). Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento,  dirixida por Gonzalo Navaza Blanco e Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento (2015).

As liñas de investigación arredor de La Oliva partiron da aceptación dun marco interdisciplinar que permitise obter unha panorámica máis completa dun tempo histórico concreto e crucial para o devir de Galiza na modernidade (o Rexurdimento pleno). Unha vez acabada a tese, centra a investigación na relación entre o campo político e o campo cultural galegos durante a época do Rexurdimento pleno. En concreto, estuda a conformación da esfera pública e da aparición da opinión pública provincialista a partir do rol desempeñado pola prensa. Asemade, en relación con isto, atende os primeiros síntomas que permiten falar dun campo literario galego en construción ou dun protosistema literario galego.

Formou parte e colaborou en tres grupos de investigación: Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía (GAELT), da Universidade de Vigo; A evolución sociolingüística de Galicia (1950-2010), da Universidade de Santiago de Compostela; e Grupo de Investigación Rosalía de Castro. Ademais traballou no campo da investigación no Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e tamén na produción editorial en Edicións Xerais e Editorial Galaxia.

  • Publicacións