Persoal investigador colaborador


Alberto Allegue Leira

Alberto Allegue Leira é licenciado en Filoloxía Clásica (USC, 1994) e doutor en Filoloxía Galega (UDC, 2011) coa presentación da tese “As viaxes pola nosa terra e as razóns da súa escrita no primeiro terzo do século XX” (UDC, 2010). Exerce como profesor de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.

O seu interese investigador céntrase fundamentalmente na literatura galega do primeiro terzo do século XX. É autor do capítulo “Catro escollas para escribir Pelerinaxes I”, en Fernández Pérez-Sanjulián (ed.), Viaxes e construción do pensamento : viaxes e viaxeiros na Galiza anterios a 1936 (2011), e dos seguintes artigos: “As Viaxes dos libros e os libros de viaxes, algunhas relacións literarias en Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo”, Revista Estudos Galegos ( 2007); “Irlanda na revista Nós. Apuntamentos para un estudo das relacións culturais (I)”, Madrygal (nº 13, 2010) e “Irlanda na revista Nós. Apuntamentos para un estudo das relacións culturais (II)”, Madrygal (nº 14, 2011).

Alén das publicacións anteriores, tamén traduciu ao galego os seguintes libros: Louis-Jean Calvet, Historias de palabras (1997); Louis-Jean Calvet, A (Socio)Lingüística (1998); Madeleine Bourdouxhe, A muller de Gilles (1999); Guillaume Apollinaire, O poeta asesinado (1999); Bernard Cassen, Liêm Hoang-Ngoc, Pierre-André Imbert (coord.), Attac, contra a ditadura dos mercados (2001); Voltaire, Exame importante de Lord Bolingbroke ou A tumba do Fanatismo (2005); e Xosé Ramón Barreiro Fernández, O carlismo galego (2008).