Doutorandos/as


Estefanía Caneda Martínez

Estefanía Caneda Martínez licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña no ano 2011 e realizou o Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas (UDC, 2012-2013), presentando o Traballo Final de Mestrado A formación de palabras en “O Incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca” de Álvaro Cunqueiro.

Completou a súa formación co Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade pola especialidade de Galego e Portugués (UDC, 2014-2016) co Traballo Final de Mestrado “Desamarrar o mar”: poesía visual e poesía xestual na obra de Arnaldo Antunes, tras realizar unha estancia Erasmus de seis meses na Universidade do Minho en Braga, no Mestrado em Teoria da Literatura e Literaturas Lusófonas, onde puido ampliar o seu coñecemento sobre as linteraturas e culturas de lingua portuguesa.

Actualmente desenvolve a súa tese de doutoramento «hos hanimais hestranhos –As reflexións artístico-estéticas de Arnaldo Antunes e a súa (re)visión poética do mundos, dirixida polo profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro, dentro da liña de investigación Literaturas e culturas galega e portuguesa e Literatura medieval, do Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios de carácter interuniversitario (UDC e Uvigo).