Persoal investigador contratado


Diego Rivadulla Costa

981 167 000 Ext. 4705

Diego Rivadulla Costa é Licenciado en Filoloxía Hispánica (2012) e Graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2014) pola Universidade da Coruña con Premio Extraordinario de Fin de Grao da UDC e Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, realizou o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas durante o curso 2012-2013 na mesma universidade.
 

Foi bolseiro de colaboración en diversos proxectos do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña e, desde setembro de 2014 a xuño de 2015, participou como investigador contratado no proxecto financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad Cronoloxía da literatura galega (1801-1900) (FFI2012-37891), dirixido pola profesora Teresa López. De marzo a setembro de 2016 foi bolseiro de formación na Sección de Publicacións do Parlamento de Galicia e actualmente traballa como investigador contratado ao abeiro da convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia, formando parte do Departamento de Letras da UDC.

 

O seu ámbito de investigación é o da literatura galega contemporánea e, máis concretamente, os seus traballos céntranse na produción narrativa actual. É alumno do Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios da UDC, no que está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a ficcionalización do Franquismo na narrativa galega actual, dirixida polo profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro.

  • Publicacións
  • Outros méritos