Doutorandos/as


Noelia Salgueiro López

Noelia Salgueiro López é licenciada en Filoloxía Eslava pola Universitat de Barcelona (2012). Complementou os seus estudos co mestrado en Literatura, cultura e diversidade na especialidade de galego e portugués na Universidade da Coruña (2013).

En 2012 traballou como bolseira na elaboración dunha base de datos sobre novela negra en galego supervisada por María Xesús Lama López e Elena Losada Soler no Departamento de Románicas da Universitat de Barcelona.

Actualmente está a realizar a tese de doutoramento sobre a obra dramática e cinematográfica de Francisco Taxes Prego baixo a dirección de Laura Tato Fontaíña.

  • Proxectos I+D