Doutorandos/as


Micaela Rei Castro

Micaela Rei Castro é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña (2007-2011). Realizou o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (UDC, 2011-2012), para o que elaborou como traballo de fin de mestrado a unidade didáctica Complementariedade da obra literaria e gráfica de Castelao. Algunhas mostras. Cursou o Mestrado de Literatura, Cultura e Diversidade (UDC, 2012-2013), para o que presentou o traballo de fin de mestrado titulado As “Figuraciós” de Luís Seoane como creación híbrida. Deste útlimo traballo académico derivou o artigo, co mesmo nome, publicado en 2015 no número 9 da Revista Internacional de Estudos Literarios Impossibilia (http://www.impossibilia.org/en/as-figuracios-de-luis-seoane-como-creacion-hibrida/).

Está admitida no programa de doutoramento en Estudos Literarios da UDC, desde o curso 2013/2014, coa tese O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane, dirixida polo profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro e titorizada pola profesora María Teresa López Fernández.