Doutorandos/as


Mª Rosario Portela Yánez

Mª Rosario Portela Yáñez é licenciada en Filoloxía Románica (sección: Francés) pola Universidade de Santiago de Compostela (1986), e obtivo nesta Universidade o Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento A Idade Media. Imaxes, textos, contextos (2009). 

Desde o curso 2013-2014 está admitida no Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da Universidade da Coruña coa tese “Valentín Paz Andrade: un mediador no sistema cultural do século XX”.

Participou como investigadora contratada nos proxectos de investigación: “A produción editorial en Galicia durante a etapa franquista (1939-1975)” do 1/06/2013 ate o 14/03/2014, e “Produción e mercado editorial en Galiza durante a etapa franquista: a súa incidencia na industria editorial actual” desde o 01/07/2012 ate o 30/09/2012, e do 1/01/2013 ate o 31/05/2013.

  • Publicacións
  • Proxectos I+D