Doutorandos/as


Carlos Manuel Callón Torres

Carlos Manuel Callón Torres é licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce de profesor de Lingua e Literatura Galega no CPI Afonso VII.

As súas principais liñas de traballo están nos dominios da sociolingüística, os estudos medievais, os estudos LGBT e a psicanálise, materias sobre as cales é un prolífico conferencista. Sobre elas dialoga tamén desde o seu blog persoal.

Tras presidir A Mesa pola Normalización Lingüística, entre 2002 e 2014, é na actualidade o seu presidente de honra.

Entre os libros que publicou salientan os títulos Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).

  • Publicacións
  • Teses