Doutorandos/as


Leticia Quintás Pérez

Leticia Quintás Pérez é licenciada en Filoloxía Galega (2010) e Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (2012). Realizou, ademais, o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas durante o curso 2010-2011.

Foi bolseira no departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña (xaneiro-xuño de 2012). Desde xaneiro de 2013, colabora nos proxectos Produción e mercado editorial en Galiza durante a etapa franquista: a súa incidencia na industria editorial actual e La producción editorial en Galicia durante la época franquista (1939-1975), ambos dos dous dirixidos pola profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián.

Na actualidade está matriculada no Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués da UDC realizando a súa tese de doutoramento sobre Edición e mercado editorial galego durante o franquismo e a transición: o papel de ‘Ediciós do Castro’, dirixida pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Alén diso, desde setembro de 2014 e até febreiro de 2016 foi bolseira do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades colaborando no proxecto de Cantigas de Santa María. Desde marzo de 2016 é bolseira en publicacións no Parlamento de Galicia.

  • Publicacións
  • Outros méritos