Publicacións


Gramática Histórica Galega. I. Fonética e Morfosintaxe

Autoría

Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Lingüística histórica e historia da lingua

ISBN

84-7824-144-2

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

1995

Número de páxinas

442

Descrición


Esta obra cobre un espazo no panorama editorial galego que estaba sen ocupar: a historia da evolución da nosa lingua, o principal sinal de identidade como galegos. O rigor con que se aborda a evolución da lingua e ambiciosa intención globalizadora que rexe o traballo converte este primeiro volume da Gramática Histórica Galega nunha referencia imprescindíbel e nunha ferramenta necesaria para calquera persoa que se quixer aproximar á fonética e á morfosintaxe da nosa lingua.

Percorrendo este sistemático ensaio filolóxico, o lector poderá achegarse ás palabras da tribo desde a orixe latina, acompañar os seus aconteceres, devalar con elas nunha mecánica evolutiva apaixonante ou perderse nas varias direccións que foron conformando o galego e conformándonos a nós mesmos.