Publicacións


Poesía Galega Completa. IV. Os Eoas

Edición

Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

84-7824-477-8

Editorial

Sotelo Blanco

Data de publicación

2005

Número de páxinas

660

Descrición


Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. O poema Os Eoas, publicado  constituíu, con certeza, o elemento axial da obsesión creativa do Bardo, que, por razón socioculturais, literarias e mesmo políticas, iniciou desde o principio da súa vida literaria a consturción dun poema épico que funcionase como referencia fundacional para a ‘nova’ literatura galega que rexurdía, cunha función semellante á exercida por Os Lusíadas na literatura portuguesa clásica (e posterior).

A presente edición d’Os Eoas vai acompañada de todos os textos complementarios da versión mecanografada básica do poema. O labor de edición permitiu fixar un texto que se coida reflicte a derradeira vontade pondaliana: un poema constituído por 285 oitavas, caracterizadas pola brevidade e esquematismo narrativo.