Publicacións


A Pintura nas Palavras. "A Engomadeira" de Almada Negreiros: Uma Novela em Chave Plástica

Autoría

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Literatura e artes plásticas

ISBN

84-87847-74-9

Editorial

Editorial Laiovento / Instituto Camões, Col. ‘Vento do Sul’

Data de publicación

1996

Número de páxinas

299

Descrición


Os diversos dominios en que se manifestaron a poliaptitude e o polimorfismo creativo de Almada Negreiros (1893-1970) –obra plástica (deseño, caricatura, ilustración, pintura, vitral, mural, tapizado…), actuación artística (bailarín, director, actor, publicista…), intervención cultural (polémica, panfleto, investigación, edición…) e escrita literaria (poesía, teatro, narrativa, ensaio…)– aparecen de tal modo interpenetrados nun complexo equilibrio entre a unidade e a diversidade, a concentración e a dispersión que só achegas plurais e complexas, como a realizada neste ensaio centrado en A Engomadeira (Novela Vulgar Lisboeta) e no período dos anos 15 a 17 (mais non só), permiten entender melhor o extraordinario legado artístico e a magnífica escrita ficcional de que o propio Fernando Pessoa acabou por considerar naqueles vangardistas anos “génio em absoluto”.