Publicacións


Gramática Histórica Galega. II. Lexicoloxía

Autoría

Ferreiro, Manuel

Liñas de investigación

Lingüística histórica e historia da lingua

ISBN

84-89896-07-0

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

1997

Número de páxinas

409

Descrición


Segunda parte da Gramática Histórica Galega dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semántico do galego, que continúa e complementa a primeira, centrada na fonética e na morfosintaxe.

Co presente volume péchase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o noso primeiro sinal de identidade.

Esta rigorosa investigación permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación lexical que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente estraños á nosa lingua.