Publicacións
Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida)
Edición
Freixeiro Mato, Xosé RamónLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaISBN
84-7492-827-3Editorial
Ediciós do CastroData de publicación
1996Número de páxinas
487Descrición
Ademais dun extenso percorrido pola prensa peninsular e americana na procura de reseñas sobre a actividade cultural de Martínez-Risco e a Academia Galega, este libro ten como obxectivo central dar a coñecer unha serie de ensaios inéditos do autor, centrados boa parte deles na poesía popular e nos nosos poetas. Complétase o volume coa reproducción dalgúns poemas xuvenís, cos que iniciou a súa andaina literaria cando a penas tiña cumpridos os dezasete anos e que se prolongan durante a súa mocidade, de 1916 a 1926.
Finalmente, tamén se inclúe unha selección da abundante correspondencia que mantivo o autor con figuras destacadas na vida social e intelectual.