Publicacións
Autoría
Freixeiro Mato, Xosé RamónLiñas de investigación
Literatura contemporánea galegaEstudos literario-culturais
ISBN
84-87847-50-1Editorial
Laiovento, Col. "Ensaio"Data de publicación
1995Número de páxinas
357Descrición
Esta obra supón un achegamento á plural personalidade humana e literaria de Rafael Dieste desde unha perspectiva nítidamente galega, tomando a Galiza e o seu idioma como referentes constantes.
Neste volume realízase un estudo bio-bibliográfico de Dieste, centrando sempre a atención, a través da súa prolongada traxectoria vital por diferentes países e continentes, na vinculación do escritor coa terra natal que inspirou boa parte da súa produción literaria. A caracterización humana e ideolóxica contribúen a completar o estudo da personalidade do escritor.
A continuación, estúdase a obra en galego, procurando previamente situar o autor dentro da nosa literatura. Aínda que Dos arquivos do trasno e A fiestra valdeira ocupan, loxicamente, a maior atención, non se obvian os seus ensaios Antre a terra e o ceo e A vontade de estilo na fala popular, así como a súa escasa obra poética e outros textos literarios en galego.
A lingua, tanto na perspectiva sociolóxica como na súa caracterización fonética, morfosintáctica e léxico-semántica, así como as ideas e propostas de Dieste sobre a súa estandarización, tamén son específicamente analizadas no presente volume, xuntamente cunha aproximación ao estilo do autor, tanto na súa concepción teórica como no correspondente reflexo na obra literaria.