Publicacións


As Irmandades da Fala, cen anos despois

Edición

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega
Estudos literario-culturais
Sociolingüística e planificación da lingua galega

ISBN

978-84-9749-643-8

Editorial

Servizo Publicacións Universidade da Coruña

Data de publicación

2016

Número de páxinas

328

Descrición


Este volume, organizado polo grupo ILLA (Investigación Lingüística e Literaria Galega) da Universidade da Coruña, foi concibido coa vontade de contribuír a situar no presente a vixencia e proxección das Irmandades da Fala, como decisiva proba da autoorganización política e da distintividade literaria e artística que emprenderon os seus artífices, ao uniren teoría e praxe ao servizo innovador da presenza pública da lingua galega e ao afirmaren a “soberanía estética da nazón galega”, tal e como proclama o seu manifesto fundacional.  A colección de estudos que agora se presenta está composta por dezaoito traballos, elaborados por especialistas en diferentes ámbitos, que discorren desde as reflexións de conxunto sobre as achegas que incorporou este movemento, até a análise pormenorizada de aspectos específicos, todos eles esenciais para entender a visión totalizadora que as Irmandades da Fala propuxeron en relación co labor de construción nacionalitaria da Galiza.

Referencias