Actualidade


Resolución definitiva da convocatoria de bolsas no Observatorio do Teatro Galego
21 de abril de 2022

Concluído o prazo de presentación de reclamacións, publicamos a definitiva relación de persoas seleccionadas para desenvolver tarefas no Observatorio do Teatro Galego.


Unha vez reunida a comisión para realizar a baremación de todas as candidaturas presentadas de acordo cos criterios de selección publicados na convocatoria oficial, a comisión resolveu propor para as bolsas as seguintes candidatas: D.ª Fátima Novo Díaz e a D.ª Marta Torrado Carollo.

A resolución definitiva da convocatoria pode ser consultada na sede oficial.