Actualidade


Simposio sobre redes literarias antifranquistas: chamamento para participación

O Dr. Diego Rivadulla Costa participa no comité organizador do simposio que terá lugar os días 15 e 16 de decembro de 2020 na rede.


O simposio virtual Redes literarias antifranquistas (1939-1975), promovido pola Universiteit Gent, ten como obxectivo estudar as asociacións, círculos e/ou grupos literarios que durante a Dictadura defenderon nas súas producións artísticas un compromiso ideolóxico antifranquista. 

A lingua do simposio será o español e as persoas interesadas poden enviar as súas propostas até o día 10 de outubro a redes.simposio@gmail.com.

Máis información: https://www.redesliterariasantifranquistas.ugent.be/