Actualidade


Artigo de Carlos Paulo Martínez Pereiro sobre Ferreira Gullar
5 de xullo de 2019

O prof. Carlos Paulo Martínez Pereiro, membro de ILLA, colabora na monografía Ferreira Gullar: poesía, arte, pensamiento, editada polo Centro de Estudios Brasileños da Universidad de Salamanca e a Academia Brasileira de Letras. 


O traballo –"Relâmpagos — Dizer o ver como crítica de arte"–, por un lado, trata de analizar o obstinado rigor da crítica artística que o poeta e ensaísta Ferreira Gullar (1930-2016) produciu no Brasil, ao longo da súa dilatada vida. Por outro lado, tamén pretende reflexionar, cunha perspectiva holística, un posicionamento de debate e unha intención reivindicativa, sobre algúns aspectos da obra Relâmpagos: inter alia, abordando o feito de este destacado libro representar o encontro dunha literatura perceptiva e avaliativa coa diversidade artística —isto é, un entrecruzado savoir faire e savoir défaire que o delimita e a que obedece o discurso deste marañense que obtivo o ‘Prémio Camões’ en 2010. 

Acceso ao capítulo: https://eusal.es/index.php/eusal/catalog/view/978-84-1311-029-5/0143-0164/978-84-1311-029-5-0143-0164.pdf 

Acesso ao libro: https://eusal.es/index.php/eusal/catalog/book/978-84-1311-029-5