Actualidade


Laura Tato participa na presentación do volume 'Son de Galicia. Os coros galegos'
24 de xuño
Ourense

O próximo luns día 24 ás 19,30 horas terá lugar a presentación do libro Son de Galicia. Os coros galegos na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense.


O volume, coordinado por Luís Costa e Inma López Silva, analiza a presenza do canto, a música, o baile e o teatro nos coros galegos Toxos e Froles, Cantigas e Agarimos, Cántigas da Terra e a coral De Ruada. 

A profesora Laura Tato, membro de ILLA, colabora no volume estudando o teatro nas agrupacións corais e, xunto con Henrique Rabunhal, participará no parladoiro "Os coros galegos e as artes escénicas" que acompaña esta presentación.