Actualidade


Publicación no Centenario Pondaliano (Xuño, 2017)
A Coruña: Deputación

Manuel Ferreiro: Esta é a terra dos eidos amigos. Escolma xeográfica da poesía pondaliana

Antoloxía anotada que recolle múltiplos poemas de Eduardo Pondal con importancia e transcendencia xeográfica.


Esta antoloxía reúne 84 poemas pondalianos, editados criteriosamente e con notas topo-antroponímicas exhaustivas, que permiten deseñar a xeografía pondaliana a través dos topónimos, os antropónimos de base toponímica e os percursos presentes na produción do Bardo: os lugares nativos, ríos, montes, costa, dolmens e castros etc. Cunha introdución sobre «Terra e Poesía (o mapa pondaliano)», o volume vai acompañado dun apéndice xeográfico con dous mapas da xeografía pondaliana.