Events


Artigo de Carlos Biscaínho en 'eHumanista IVITRA'
June 25th

O prof. Carlos Biscaínho, membro de ILLA, colabora no monográfico Nation, Language and Literature: The Perspective of the Pluricultural Castilian-Catalan-Galician-Basque Context do volume 15 da revista eHumanista IVITRA, editada polo departamento de Español e Portugués da University of California Santa Barbara.


O traballo versa sobre "A dramaturxia galega de autoría feminina no século XXI". Nas conclusións, o profesor destaca que "Elas asinaron algunhas das propostas máis novidosas do panorama teatral galego e colocáronse á fronte de discursos alternativos aos que viñan ocupando a centralidade do sistema –inclusivamente no cuestionamento da súa doxa central. Aliás, están a intervir de maneira decidida no debate á volta dos atributos e dos límites da teatralidade, ben como no desmantelamento da arquitectura simbólica que o patriarcado levantou sobre o corpo da muller."

Acceso ao traballo: https://www.ehumanista.ucsb.edu/sites/default/files/sitefiles/ivitra/volume15/7.%20Biscainho-Fernandes.pdf

Acceso ao volume 15 de eHumanista IVITRAhttps://www.ehumanista.ucsb.edu/ivitra/volume/15