Actualidade
Entrevista a Laura Tato sobre o teatro de Carvalho Calero
Maio 2020
A páxina web da Real Academia Galega publica unha entrevista á profª Laura Tato, membro de ILLA, con motivo das Letras Galegas 2020.
A entrevista é un repaso áxil, completo e documentado á traxectoria como creador teatral de Carvalho Calero. Da súa contribución á creación dun teatro nacional galego na década de 30 con O fillo e Isabel, até a derradeira obra teatral, Os xefes, publicada en 1980, as respostas de Laura Tato contextualizan e explican a produción dramática do autor ferrolán. A profª Tato pon en valor Carvalho como autor teatral e destaca o seu contributo ao desenvolvemento do teatro escolar durante a súa etapa como director do colexio Fingoi.
Acceso á entrevista: