Actualidade


Carlos Paulo Martínez Pereiro escribe sobre Cruzeiro Seixas
Setembro 2019

Carlos Paulo Martínez Pereiro colabora no catálogo da retrospectiva dedicada ao homem que pinta e escritor Cruzeiro Seixas (Amadora, 1920) polo Centro Português do Surrealismo. 


No texto «De um segredo distorcido e maravilhosamente absurdo / On a distressed and wonderfully absurd secret», reproducido no catálogo da exposición Cruzeiro Seixas — ao longo do longo camino / Cruzeiro Seixas — along the long way, por un lado, fócase un poème objet cruzeiriano, coñecido agora como «A chávena com asa por dentro, como todos nós» e así caracterizado, en diferenza (mais sen variationem), a respecto do objet trouvé, ou ready-made de 1954, significativamente intitulado polo autor na altura como «Daily Life». Por outro lado, estabelécense as nuances co seu poema «Rosa-chá adormecida numa nuvem» e con outras obras literarias e plásticas da tradición da antitradición propia e alleas, coa finalidade de unha maior e mellor comprensión dos plurais sentidos e complexos significados da obra deste teimoso e exemplar surrealista, que este próximo 3 de decembro devirá lucidamente centenario.