Actualidade


Celebrado o I Encontro da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
17 de xuño
Facultade de Filoloxía

Organizado polo grupo ILLA e co apoio da Facultade de Filoloxía, tivo lugar o pasado venres a primeira reunión deste foro académico que pretende servir como punto de diálogo e de encontro para os investigadores e as investigadoras do teatro galego.


O encontro cumpriu cos obxectivos que se propuxera: o coñecemento mutuo das persoas que están a investigar no teatro galego, a difusión das coleccións da Biblioteca-Arquivo e a presentación da nova etapa; encoraxar os/as especialistas para que presenten propostas de publicación de estudos especializados e procurar sinerxías que fortalezan a liña de teatro dentro do Grupo ILLA. 

Este evento contou coa presenza de Iolanda Ogando (Universidade de Extremadura), Manuel F. Vieites (ESAD), Vanesa Sotelo (Revista Galega de Teatro), Marta Pérez (Inversa Teatro-Mulleres creando) e Joel R. Gômez (Grupo Galabra).  Durante a mañá desenvolveuse a sesión científica e pola tarde realizouse unha visita aos fondos da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e á exposición que sobre o teatro galego nos fondos do Arquivo preparou a Biblioteca da Facultade de Filoloxía dirixida por Marta Lago (https://www.flickr.com/photos/127396702@N07/albums/72157709050763686/with/48049901012/).

Os resultados da experiencia animan o grupo ILLA para levar a cabo a organización de novos encontros arredor do xénero teatral.