Actualidade


Presentación de 'Manifiestos' de José de Almada Negreiros
21 de marzo ás 19 horas
Libraría Marcial Pons (Madrid)

O día 21 de marzo, o Prof. Dr. Carlos Paulo Martínez Pereiro participará na presentación de Manifiestos de José de Almada Negreiros que terá lugar na libraría Marcial Pons de Madrid (Plaza del Conde del Valle de Suchill, 8).


O profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro participará o próximo día 21 ás 19 horas na presentación de Manifiestos de Almada Negreiros na libraría Marcial Pons de Madrid. No evento intervirá tamén Filipa Soares, responsábel do Instituto Camões para España e Andorra e profesora na UAM.

O volume é unha edición e tradución para o castelán dos catro excelentes manifestos vangardistas de José Sobral de Almada Negreiros. Dous deles –‘negativos’– denuncian a arte obsoleta dos pasadistas, así como os vícios e hábitos dunha sociedade ben-conformada. Os dous restantes –‘positivos’– promoven o pracer que, para o público avisado, debe supor o achegamento á modernidade e á vanguarda que, no Portugal da altura (e, nun certo sentido, ainda hoxe), transmiten.

A publicación comprende o ensaio "Un falso epílogo interesantísimo y por extenso" da autoría do prof. Martínez Pereiro, que foca a teoria e a práctica dos manifestos deste poliédrico escritor e pintor, a paradigmática concreción ficcional deles derivada e mais a existencia dun polémico futurismo almadiano, despois do futurismo tout court.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (2019): "Un falso epílogo interesantísimo y por extenso", in José de Almada Negreiros. Manifiestos, Madrid: La Umbría y la Solana, pp. 77-105.

https://www.laumbriaylasolana.es/catalogo/manifiestos/