Actualidade


Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
A Coruña

O Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA) é o responsable da  edición das obras publicadas pola Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, fundada en 1996.


A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ás artes escénicas, foi constituída sobre a doazón que, o 26 de marzo de 1996, realizou Francisco Pillado Mayor á Universidade da Coruña (UDC). Esta biblioteca-arquivo depende, no ámbito científico, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA), pertencente ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, e, no ámbito técnico, da Biblioteca Xeral da UDC.

Á doazón incial de Francisco Pillado Mayor engadíronse outras achegas procedentes de arquivos privados e persoais (Manuel Lorenzo, Miguel Gómez Segade, Cándido Pazó, Real Coro Toxos e Froles, Sala Nasa, Sala Galán, Teatro do Noroeste, Asociación de Actores, Técnicos e Directores de Escena etc.), ademais das adquisicións regulares realizadas pola UDC.

 

A biblioteca-arquivo ten a súa sede na Biblioteca de Filoloxía da UDC, dirixida por Marta Lago Méndez. Está integrada por dous fondos tipoloxicamente diferentes: un bibliográfico e outro documental. O primeiro está constituído por todos os libros e revistas doados por Francisco Pillado Mayor e outros mercados pola UDC. Trátase de obras de teoría do teatro e das artes escénicas, e textos de teatro clásico e contemporáneo, en galego e noutros idiomas. O segundo fondo está integrado por documentos doados por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo, e outros de diferentes procedencias. Ambos os dous poden consultarse no catálogo da biblioteca da UDC ou na colección dixitalizada accesible no Repositorio Institucional (RUC) da UDC.

Porén a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor tamén edita obras, baixo a coordinación científica da profesora Laura Tato Fontaíña e a coordinación editorial do profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro, integrantes do Grupo ILLA. Este labor de edición permite que as persoas usuarias poidan acceder a unha gran cantidade de textos clásicos ou históricos do teatro galego, a textos clásicos da historia do teatro europeo e tamén a textos en lingua portuguesa, con nomes como Pepetela, Duarte Ivo Cruz, José de Oliveira Barata ou Teresa Rita Lopes.

A colección completa conta coa publicación de 71 obras que se dividen en seis series: azul (literatura teatral galega), branca (outras literaturas teatrais), gris (pensamento e estética), ouro (documenta), verde (literatura teatral en lingua portuguesa) e vermella (literatura teatral en lingua francesa).  

 

1

Xaime Quintanilla
Donosiña
Edición de Laura Tato Fontaíña

2

Denis Diderot
O Paradoxo sobre o Actor
Edición bilingüe (francés/galego) de X. C. Carrete Díaz e F. Sucarrat Boutet

3

Antón Villar Ponte
Entre dous abismos. Nouturnio de medo e morte
Introdución, edición e notas de Emilio Xosé Ínsua López

4

Oscar Wilde
Ernest
Edición bilingüe (inglés/galego) de Miguel Pérez Romero

5

Aristóteles
Poética
Edición bilingüe (grego/galego) de Fernando González Muñoz

6

Hildegarde de Bingen
O desfile das virtudes
Edición bilingüe (latín/galego) de Xosé C. Santos Paz

7

Ramón Otero Pedrayo
O fidalgo e o teatro (Tres textos dramáticos)
Introdución, edición e notas de Xosé Manuel Sánchez Rei

8

Tres pezas cómicas medievais
Edición bilingüe (francés/galego) de Henrique Harguindey Banet

9

Pedro P. Riobó Sanluís
O teatro galego contemporáneo (1936-1996)

10

O teatro de Charles Baudelaire. Proxectos
Edición bilingüe (francés/galego) de Xesús González Gómez

11

Ricardo Carvalho Calero
Escritos sobre teatro
Edición de Laura Tato Fontaíña

12

António Ferreira
Castro
Edição, introdução e notas de Mª Rosa Álvarez Sellers

13

Rosvita de Gandersheim
Obra dramática
Edición bilingüe (latín/galego) de Xosé C. Santos Paz

14

Llorenç Villalonga
Desbaratos
Edición bilingüe (catalán/galego) de Xesús González Gómez

15

José Oliveira Barata
O Espaço Literário do Teatro. Estudos sobre Literatura Dramática Portuguesa I

16

Alexandre Ballester
Nun pregue de veludo
Edición bilingüe (catalán/galego) de Xesús González Gómez

17

Goretti Sanmartín Rei
O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita)

18

Josep Pere Peyró
Desertos
Edición bilingüe (catalán/galego) de Xesús González Gómez

19

Afonso Álvares
Auto de Santiago
Introdução, fixação do texto e notas de Juan M. Carrasco González

20

Ramón Cabanillas
A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera
Introdución, edición e notas de Manuel Ferreiro e Goretti Sanmartín Rei

21

Teatro Brasileiro: Textos de Fundação
Selecção, introdução e notas de Maria Aparecida Ribeiro

22

Roberto Cordovani
Teatro Brasileiro na Galiza
Edição de Eisenhower Moreno

23

Joan Guasp
O vendedor de amendoíns
Edición bilingüe (catalán/galego) de Xesús González Gómez

24

François Riccoboni
A arte do teatro
Edición bilingüe (francés/galego) de Roberto Salgueiro

25

Mª Isabel Morán Cabanas
Festa, Teatralidade e Escrita. Esboços Teatrais no Cancioneiro Geral de García de Resende

26

Ana Kiffer
Antonin Artaud. Uma poética do pensamento

27

Paulino Pereiro
A música teatral

28

Francisco Gomes de Amorim
Fígados de Tigre. Paródia de Melodramas
Edição, introdução e notas de Carme Fernández Pérez-Sanjulián

29

Gil Vicente
Farsa dos Almocreves
Introdução, fixação do texto e notas de Xoán Carlos Lagares

30

Manuel María
Edipo
Introdución e edición de Miguel A. Mato Fondo

31

Eugène Labiche [e Marc-Michel]
Un chapeu de palla italiana
Edición bilingüe (francés/galego) de Ana Luna Alonso

32

Manuel Lourenzo
Insomnes
Introdución de Carlos Paulo Martínez Pereiro
Apéndice de Isaac Ferreira

33

Cándido A. González
¡Mal ollo!... Comedia de ambente mariñeiro
Estudo, edición e notas de Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña

34

Iolanda Ogando
Teatro histórico: construción dramática e construción nacional

35

Euloxio R. Ruibal
Minimalia. 20 pezas de teatro breve
Introdución e edición de Inmaculada López Silva

36

Antoni Nadal
O teatro mallorquino do século XX
Tradución e notas de Xesús González Gómez

37

Emilio Xosé Ínsua López
Sobre O Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte

38

Xesús Pisón
Noite invadida
Introdución de Henrique Rabuñal

39

Duarte Ivo Cruz
O Teatro Português: Estrutura e Transversalidade

40

Afonso Becerra de Becerreá
O ritmo na dramaturxia

41

Documentos para a Historia do Teatro Galego (1919-1924)
Edición de Silvana Castro García

42

Manuel Lourenzo/José Oliveira Barata
Que (non) é o teatro. Catálogo das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’ (1997-2005)

43

Marica Campo
Confusión de María Balteira
Estudo introdutorio de Pilar García Negro

44

Manuel Lugrís Freire
A costureira d'aldea
Edición de Teresa López

45

Hèléne Cixous
A conquista da escola de Madhubai
Edición bilingüe de Purificación Cabido Pérez

46

Uxío Carré Aldao
Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego
Edición de Xoán López Viñas

47

Manjula Padmanabhan
Luces fóra!
Edición bilingüe de Antía Mato Bouzas

48

Teresa Rita Lopes
Coisas de mulheres
(Teatro Reunido)

49

D. Francisco Manuel de Melo
O Fidalgo Aprendiz
Edição de Evelina Verdelho

50

Aristóteles
Poética
Segunda Edición bilingüe ampliada de Fernando González Muñoz

51

Carlo Gozzi
Turandot. Volume I
Edición crítica italiana e tradución galega de Javier Gutiérrez Carou

52

Carlo Gozzi
Turandot. Volume II
Edición crítica italiana e tradución galega de Javier Gutiérrez Carou

53

Luís de Camões
Auto chamado dos Enfatriões
Edição de Leticia Eirín García

54

Marica Campo
O divino sainete
Adaptación teatral da obra homónima de Curros Enríquez

55

Antonio Gramsci
Escritos sobre teatro I [1916-1917]
Ed. de Xesús González Gómez

56

Antonio Gramsci
Escritos sobre teatro II [1918-1920]
Ed. de Xesús González Gómez

57

Camilo Castelo Branco
O morgado de Fafe em Lisboa e O morgado de Fafe amoroso
Edição de Carlos Paulo Martínez Pereiro

58

Xosé Teixeiro
Doutor, por favor, máteme con xeito
Edición e tradución de Francine Sucarrat Boutet e Xosé Carlos Carrete Día

59

Laura Tato Fontaíña
Relación de noticias sobre teatro nos fondos da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' (1882--1975)

60

Alva Martínez Teixeiro
O herói incómodo (utopia e pessimismo no teatro de Hilda Hilst)

61

Iolanda Ogando
Almeida Garrett, retrato paratextual com teatro ao fundo

62

Henrique Rabuñal
O teatro en Jenaro Marinhas del Valle

63

Pepetela
A revolta da casa dos ídolos
Edição de Francisco Salinas Portugal

64

Raúl Dans
Matalobos

65

Octave Mirbeau
Os malos pastores
Edición, introdución e tradución de María Obdulia Luís Gamallo

66

Teresa Moure
Cínicas

67

Maria de Lourdes Nunes Ramalho
A feira. O trovador encantado
Introdução de Lourdes Nunes Ramalho, Valéria Andrade e Ria Lemaire

68

A arca de noé
Tradución ao galego de Noah's Ark do Newcastle (non-cycle) Play e The Fall of Angels (York Cycle)
Edición de Isabel Moscowich, Begoña Crespo e Cristina Mourón Figueroa

69

Leandro Carré
Teatro recuperado
Edición de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

70

Julio Montero, Paulino Pereiro e Juan Pérez Berná
Música escénica (Tres propostas)

71

De Galo Salinas a Castelao
Textos recuperados.
Edición e notas de Iolanda Ogando. Estudo introdutorio de Laura Tato Fontaíña