Actualidade


Presentado o I Congreso Internacional do Teatro Galego
26 de marzo de 2019

O I Congreso Internacional do Teatro Galego 'Co 2030 no horizonte' celebrarase en marzo de 2020, promovido pola Academia Galega de Teatro. ILLA figura entre as entidades colaboradoras deste evento científico.


O pasado 26 de marzo foi presentado en Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega, o I Congreso Internacional do Teatro Galego 'Co 2030 no horizonte', que se celebrará entre os días 25 e 28 de marzo de 2020. O Congreso é unha iniciativa da Academia Galega de Teatro, e conta coa colaboración de numerosas institucións e entidades, entre elas o grupo ILLA.
ILLA participa na organización deste evento académico a través de dous dos seus membros, a profª Laura Tato, que forma parte da Comisión científica, e o prof. Carlos Biscaínho, membro da Comisión organizadora. 
O primeiro prazo para a presentación de propostas de comunicación libres estará aberto até o día 25 de xullo. Máis información na páxina web do congreso http://www.congresodoteatro.gal/.