Actualidade


As Irmandades da Fala no Grupo ILLA
18 de maio de 2016
A Coruña

Este ano fanse os cen anos da fundación das Irmandes da Fala. Foi o 18 de maio de 1916 cando Antón Villar Ponte promoveu a xuntanza que levou á creación da primeira Irmandade dos Amigos da Fala na Coruña.


A primeira Irmandade dos Amigos da Fala converteuse en realidade o 18 de maio de 1916 na cidade da Coruña, no local que daquela tiña a Real Academia Galega na rúa Rego de Auga, despois dunha xuntanza promovida por Antón Villar Ponte á que asistiron, entre outros, Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Lois Porteiro Garea, Micaela Chao Maciñeira, Francisco Tettamancy ou Ramón Villar Ponte. Esta nova asociación, que en pouco tempo se estendeu por outras cidades e vilas (Santiago, Monforte de Lemos, Vilalba, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Ourense, Madrid, La Habana etc.), tiña como obxectivo a defensa da lingua galega, da cultura e do país. Os seus ideais quedaron reflectidos nas páxinas do seu voceiro: A Nosa Terra.

As irmandades da Fala foron e son obxecto de estudo nos diversos traballos de investigación realizados polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Pilar García Negro, Laura Tato Fontaíña, Carlos C. Biscainho Fernandes, Cilha Lourenço Módia, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Goretti Sanmartín dedicáronlle parte das súas investigacións.

 

Libros

Sanmartín Rei, Goretti / García Negro, Pilar / Blanco Echauri, Jesús / Castro García, S. / Sánchez Pérez, Amelia (eds.), Nicomedes-Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Vilar Ponte, Lugo, Fundación Caixa Galicia, 2006.

García Negro, Pilar, Textos filosófico-políticos de Ramón Villar Ponte, Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 2006.

Sanmartín Rei, Goretti / García Negro, Pilar (eds.), Ramón Vilar Ponte: O feito lingüístico galego , A Coruña, AS-PG, 2003 [ISBN 84-89679-64-9].

Biscainho-Fernandes, Carlos-C. / Lourenço Módia, Cilha, Ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudo e antoloxía, A Coruña, Deputación da Coruña, 2002, 118 pp. [ISBN 84-95950-14-6].

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (ed.), A nosa literatura. Vol. 17. Poesía e teatro interseculares. Poesía (Antoloxía) A ponte (M. Lugrís Freire), Vigo, AS-PG / A Nosa Terra, 1996, 186 pp. [ISBN 84-89679-61-4].

 

Capítulos de libros

García Negro, Pilar, "Manuel García Blanco, heraldo das Irmandades da Fala", en Goretti Sanmartín Rei (ed.): Consideracións sobre a decadencia ae a rehabilitación da lingua galega, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa & Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, 2012, pp. 83-94 [ISBN 978-84-9749-527-1].

 

Artigos en revistas

Tato Fontaíña, Laura, "Os dereitos das mulleres no teatro (de homes) das Irmandades da Fala", Itinerarios. Revista de estudios lingüísticos, literarios, históricos y antropológicos, 20, Universidade de Varsovia, 2014, pp. 71-88 [ISSN 1507-7241].

García Negro, Pilar / Callón Torres, Carlos M., "Epistolario inédito de Alexandre Bóveda a Ramón Vilar Ponte", Terra e Tempo, 2003.

García Negro, Pilar / Callón Torres, Carlos Manuel , "Cartas de Alexandre Bóveda a Ramón Vilar Ponte", Terra e Tempo, 22/23, Santiago de Compostela, 2003, pp. 61-72 [ISSN 1575-5509].

Tato Fontaíña, Laura, "O teatro na Coruña coas Irmandades da Fala", CASAHAMLET, 2, A Coruña, 2000, pp. 8-13 [ISSN 1888-2056].

 

Congresos

García Negro, Pilar, "Bases da apoloxética da Lingua Galega en Ramón Vilar Ponte", en Ramón Vilar Ponte (1890-1953). 50 anos despois, Lugo. Publicado en Actas do Congreso Ramón Vilar Ponte (1890-1953). 50 anos despois , 2004.

 

Recensións

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Nicomedes-Pastor Díaz, unha existencia ejemplar, de Ramón Vilar Ponte", Grial, 172, Vigo, Galaxia, 2007 [ISBN 0017-4181].