Actualidade


Presentación do libro 'Modelos de lingua e compromiso'
23 de xaneiro de 2015

Xosé Manuel Sánchez Rei, Manuel Ferreiro, Laura Tato e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membros do Grupo ILLA, presentan o libro Modelos de lingua e compromiso


O vindeiro mércores 28 de xaneiro, ás 20.00 horas, terá lugar, na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, rúa Olmos 16-18 da Coruña, a presentación do libro, publicado por Baía Edicións e editado polo profesor Xosé Manuel Rei, Modelos de lingua e compromiso. Este acto contará coa presenza dos autores, membros do Grupo ILLA: Xosé Manuel Sánchez Rei, Manuel Ferreiro, Laura Tato e Xosé Ramón Freixeiro Mato.