Actualidade


Eduardo Pondal no Grupo ILLA
3 de marzo de 2016
A Coruña

O 8 de marzo de 1917 morre Eduardo María González-Pondal Abente, creador do poema “Os pinos” que conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga.


Eduardo Pondal naceu o 6 de febreiro de 1835 na “pequena Ponteceso”, no seo dunha familia fidalga, e morreu na cidade da Coruña o 8 de marzo de 1917. Xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, forman o tridente das máximas figuras do Rexurdimento. Eduardo Pondal, o Bardo, ligou Galiza a un hipotético pasado celta e accedeu, a través de Murguía, aos poemas ossiánicos de James Macpherson.

 

O profesor e membro do Grupo ILLA Manuel Ferreiro centrou gran parte das súas investigacións na figura e obra deste escritor, no ámbito da crítica textual e do estudo da lingua literaria. Por mencionar algúns dos seus traballos, publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa en galego de Eduardo Pondal, que inclúe o poema Os Eoas, elemento axial da obsesión creativa do Bardo por construír un poema épico que funcionase como referencia fundacional para a “nova” literatura galega que rexurdía, cunha función semellante á exercida por Os Lusíadas na literatura portuguesa. Manuel Ferreiro tamén analiza exhaustivamente o proceso de creación do texto hímnico “Os Pinos” na obra De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (1996), en que descobre as claves da súa aparición e estuda con rigor o proceso de degradación textual que sufriu o Himno desde a súa creación (1890) até 1984, ano de promulgación da Lei de Símbolos do Parlamento Galego. 

 

Libros

Manuel Ferreiro, O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907), A Coruña, UDC/USC/UVI, 2007 [ISBN 978-84-9749-271-3].

Manuel Ferreiro, De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 2007 (1996, 1ª ed; 1997, 2ª ed.; 1997, 3º ed.), 112 pp. [ISBN 978-84-8487-132-0].

Manuel Ferreiro (ed.), Eduardo Pondal: Poesía Galega Completa. IV. Os Eoas. Ed. crítica, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2005, 660 pp. [ISBN 84-7824-477-8].

Manuel Ferreiro (ed.), Eduardo Pondal: Poesía Galega Completa. III. Poemas Manuscritos. Ed. crítica, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2002, 596 pp. [ISBN 84-7824-406-9].

Manuel Ferreiro (ed.), Eduardo Pondal: Poesía Galega Completa. II. Poemas Impresos. Ed. crítica, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2001, 335 pp. [ISBN 84-7824-144-2].

Manuel Ferreiro (ed.), Eduardo Pondal: Poesía Galega Completa. I. Queixumes dos Pinos. Ed. crítica, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995, 326 pp. [ISBN 84-7824-144-2].

Manuel Ferreiro, Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1991, 304 pp. [ISBN 84-87847-02-1].

 

Capítulos de libros

Manuel Ferreiro, "Eduardo Pondal á procura do «verbo sublimado». Arredor das re-escrituras pondalianas ", en Sanchez Rei, Xosé Manuel (ed.): Modelos de lingua e compromiso, A Coruña, Baía Edicións, 2014, pp. 163-184 [ISBN 978-84-995-149-2].

Manuel Ferreiro, "De Anacreonte a Pondal: un novo poema", en Riquer, Isabel de / Losada, Elena / González, Helena (eds.): Professor Basilio Losada Castro: ensinar a pensar con liberdade e risco, Barcelona, Universitat de Barcelona, 2000, pp. 376-386 [ISBN 84-475-2486-6].

Manuel Ferreiro, "«Terra verde»: un poema inédito de Eduardo Pondal", en Álvarez, Rosario / Vilavedra, Dolores (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Profesor Xesús Alonso Montero, II, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1999, pp. 509-527 [ISBN 84-8121-807-3 ].

Manuel Ferreiro, "Eduardo Pondal: poesiia i rodina / Eduardo Pondal: Poesía e Patria", en Elena Zernova: Antologuiia galisiiskoy literaturi / Antoloxía da Literatura Galega. XIV. Eduardo Pondal, San Petersburgo, Universidade de San Petersburgo / Centro de Estudos Galegos, 2009, pp. 6-31 [ISBN 978-5-288-05006-0].

Manuel Ferreiro, "Os carballos pondalianos. Sobre «Fillo cativo da gandra»", en Rodríguez, José Luís (coord.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia / Universidade de Santiago de Compostela, 2000, pp. 235-254 [ISBN 84-8121-828-6 ].

 

Artigos en revistas

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "A lingua tiveran por lingua d'escravos. O autoodio como concepto sociolingüístico", Estudos de lingüística galega, 6, Santiago de Compostela, 2014, pp. 117-137 [ISSN 1889-2566] [ISSN Dixital 1989-578X] [DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.6.1841].

 

Manuel Ferreiro, "A investigación sobre Pondal e o achamento d’«Os Eoas». Memoria persoal dunha pesquisa", Grial, XLIV, 171, Vigo, 2006, pp. 38-49.

Manuel Ferreiro / López, Teresa, "Pondal publicou un adianto do que foron Os Eoas no 1857", A Nosa Terra, 338, Vigo, A Nosa Terra, 1988, pp. 16-16 [ISSN 0213-3105].

Manuel Ferreiro, "Breve achegamento á biografia de Pondal", A Nosa Terra, Extra (Eduardo Pondal: Home libre, libre terra), 7, Vigo, A Nosa Terra, 1986, pp. 5-8 [ISSN 0213-3105].

López, Teresa, "¿Nas orixes do neotrobadorismo? Notas sobre o “Canto do vigía” de Eduardo Pondal", Grial, 132, 1996, pp. 491-501.

Manuel Ferreiro, "Nova contribución ao córpus literário de Eduardo Pondal: dezanove poemas e unha novela", A Nosa Terra, Extra (Eduardo Pondal: Home libre, libre terra), 7, Vigo, A Nosa Terra, 1986, pp. 65-80 [ISSN 0213-3105].

Manuel Ferreiro, "La (re)construcción de la Patria Gallega desde la poesía: Eduardo Pondal", Revolución y Cultura, 1/2008, La Habana (Cuba), Ministerio de Cultura, 2008, pp. 18-24 [ISSN 0864-1315].

Manuel Ferreiro, "A lingua pondaliana e a formación do estándar literario galego", Cadernos de Lingua, 4, Real Academia Galega, 1991, pp. 49-70 [ISSN 1130-5924].

 

 

Comunicacións en congresos

Manuel Ferreiro, "O proceso de corrección lingüística en Eduardo Pondal ", en I Simposio Pondaliano (Ponteceso, 9-14 outubro 1995), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "A outra lírica pondaliana e a aparición d'Os Eoas", en VI Simposio Pondaliano (Ponteceso, 3-31 outubro 2000), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Vinte anos de investigación arredor de Eduardo Pondal", en XII Simposio Pondaliano (Ponteceso, 3-31 outubro 2006), Consellaría de Presidencia / Secretaría Xeral de Política Lingüística, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Eduardo Pondal na constitución dunha lingua literaria e culta", en XI Simposio Pondaliano (Ponteceso, 4 outubro - 3 novembro 2005), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Eduardo Pondal: o poeta e a obra", en X Simposio Pondaliano (Ponteceso, 5 outubro - 2 novembro 2004), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "A nova imaxe poética de Pondal", en VIII Simposio Pondaliano (Ponteceso, 1-29 outubro 2002), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Xénero e número en Pondal: o feminino plural", en V Simposio Pondaliano (Ponteceso, 5 outubro - 6 novembro 1999), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Persoeiros de Bergantiños: Sobre Eduardo Pondal", en IV Simposio Pondaliano (Ponteceso, 1-31 outubro 1998), A. C. Monte Branco, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Pondal ‘ao estilo’ de Joan Zorro: A primeira cantiga neotrobadoresca galega", en Congreso O Mar das Cantigas (Illa de San Simón, 21-23 de maio de 1998), Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, Xunta de Galicia, Pontevedra. Publicado en Congreso O Mar das Cantigas, Xunta de Galicia, 1997, pp. 213-234 [ISBN 84-453-2310-5].

Manuel Ferreiro, "A obra pondaliana non recompilada", en XIV Simposio Pondaliano (Ponteceso, 2-30 novembro 2010), Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "De Pondal para Curros: apostilas a tres poemas éditos e un poema inédito de 1914", en I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu Tempo (Celanova, do 13 ó 15 de setembro), Consello da Cultura Galega / Concello de Celanova, Celanova. Publicado en Alonso Montero, X. / Monteagudo, H. / Tajes Marcote, B. (eds.): Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu Tempo”, Consello da Cultura Galega, 2004, pp. 66-83 [ISBN 84-95415-79-8].].

Manuel Ferreiro, "Perfil biográfico de Pondal", en XVIII Simposio Pondaliano (Ponteceso, 1-29 novembro 2014), Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "Novos aspectos biográficos de Eduardo Pondal", en XIII Simposio Pondaliano (13-20 decembro 2008), Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso.

Manuel Ferreiro, "A escolla lingüística de Pondal no contexto do Rexurdimento", en XVI Simposio Pondaliano (Ponteceso, 2-30 outubro 2012), Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso.

Manuel Ferreiro / Dobarro, X. M. , "Pondal narrador", A Nosa Terra, 284, Vigo, 1986, pp. 16-16 [ISSN 0213-3105].

Manuel Ferreiro, "Pondal e os «Queixumes»", La Voz de Galicia, A Coruña, 2002, pp. 31-31.