Actualidade


Entrevista a Laura Tato sobre o teatro de Carvalho Calero
Maio 2020

A páxina web da Real Academia Galega publica unha entrevista á profª Laura Tato, membro de ILLA, con motivo das Letras Galegas 2020.


A entrevista é un repaso áxil, completo e documentado á traxectoria como creador teatral de Carvalho Calero. Da súa contribución á creación dun teatro nacional galego na década de 30 con O fillo e Isabel, até a derradeira obra teatral, Os xefes, publicada en 1980, as respostas de Laura Tato contextualizan e explican a produción dramática do autor ferrolán. A profª Tato pon en valor Carvalho como autor teatral e destaca o seu contributo ao desenvolvemento do teatro escolar durante a súa etapa como director do colexio Fingoi.

Acceso á entrevista:

https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/carvalho-calero-comezou-a-escribir-teatro-durante-a-republica-por-militancia?redirect=https%3A%2F%2Facademia.gal%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_m2gF%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4