Actualidade


Publicación no Centenario Pondaliano (Marzo, 2017)
Santiago de Compostela: Edicións Laiovento

Manuel Ferreiro: Eduardo Pondal, o cantor do eido noso.

Esta monografía ten como obxecto a figura e a obra de Eduardo Pondal, nun ano en que se celebra o centenario da morte do autor do Himno Galego.


O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos 25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente). Estas páxinas de investigación, estudo e reflexión son acompañadas por apéndices que recollen unha selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada ao poeta por La Voz de Galicia.