Actualidade


ILLA colabora no Congreso 'Fóra de lugar' (novembro 2019)
16 de abril
Varsovia (Polonia)

O grupo ILLA colabora coa organización do Congreso 'Fóra de lugar. Corpos (in)tanxíbeis na culturas minoritarias da Península Ibérica. Literatura, cinema e arte' que se desenvolverá na Universidade de Varsovia os días 14 e 15 de novembro do ano en curso. 


O Congreso 'Fóra de lugar. Corpos (in)tanxíbeis nas culturas minoritarias da Península Ibérica. Literatura, cinema e arte' desenvolverase na Universidade de Varsovia os días 14 e 15 de novembro do ano en curso. O obxectivo do congreso é investigar como a literatura, a arte e o cinema galego, basco, catalán e mirandés conceptualizan, desde o enfoque corporal, a alteridade. As propostas de comunicación deben enviarse antes do día 15 de xuño a través do formulario habilitado na páxina web do congreso: http://otraiberiavarsovia.wordpress.com/congreso- 2019/formulario-de-inscripcion/

A Comisión organizadora está presidida por Maria Boguszewicz e no Comité científico figura a profesora e membro de ILLA Carme Fernández Pérez-Sanjulián.