Actualidade


Presentación do volume 'Repensar Galicia: As Irmandades da Fala'
15 de marzo de 2018, ás 19:30
Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6)

 

Presentación do libro en Santiago de Compostela, coa presenza dos seus editores/as.

 


O volume Repensar Galicia. As Irmandades da Fala, está coordenado por Xusto Beramendi, Uxío-Breogán Diéguez, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Mª Pilar García Negro e Xosé Manuel González Reboredo.

Editado pola Xunta de Galicia e o Museo de Pobo Galego, este libro (749 páxinas) recolle os resultados dos traballos presentados no Simposio "Repensando Galiza: As Irmandades da Fala (1916-2016)" que se desenvolveu no Museo do Pobo Galego durante os días 17-19 de novembro de 2016.

O grupo ILLA foi unha das institucións promotoras deste Simposio, co que se pechou a programación dedicada á conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala.