Actualidade


Novas perspetivas linguísticas no espaço galego-português
18 de maio de 2015
A Coruña & Minho

Novas perspetivas linguísticas no espaço galego-português é a nova monografía da Revista Galega de Filoloxía, editada pola Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña


O conxunto de artigos dados aqui a lume é moi variado en canto aos temas explorados e mostra a polifonía de liñas de investigación que se desenvolven presentemente no Departamento de Estudos Portugueses e Lusófonos da UMINHO e na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC. Así, por exemplo, contributos centrados na estilística, no grao de coñecemento do sistema pronominal portugués en falantes de L2 ou de linuga de herdanza, nos trazos sintácticos do discurso electrónico, na situación do galego e do maorí relativa á súa proxección na Internet, na análise do discurso indirecto, etc. dan corpo a unha obra que se torna un bo exemplo dalgunhas das actuais orientacións de pesquisa que existen nos dous referidos organismos.

 

Este volume recolle varios contributos feitos por profesorado que desenvolve o seu labor académico-investigador na Universidade da Coruña e na Universidade do Minho e, desde hoxe, está a disposición dos lectores.

 

Índice