Actualidade


Manuel María, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016
5 de maio de 2016
A Coruña

O profesor e membro do Grupo ILLA intervirá nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2016 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.


O xoves 5 de maio, ás 13.00 h, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, terán lugar os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, dedicado este ano de 2016 á figura do poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega Manuel María.

 

Para repasar a obra e impacto de Manuel María, contarase coa presenza de dous grandes coñecedores da súa produción literaria: o escritor e xornalista Manuel López Foxo e o membro do Grupo ILLA e profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato.

 

Durante esta celebración tamén se fará público o resultado do XXIII Premio de Creación Literaria e Ensaio e levarase a cabo a entrega de premios e accésits ás persoas galardoadas.

 

Máis información: http://www.udc.es/filo/actualidade/2016_05_05_Dia_das_Letras_Galegas.html