Actualidade


Lingua galega e literatura 4º ESO
10 de xuño de 2016
A Coruña

Os centros de ensino dispoñen desde este mes de xuño de novos materiais para as aulas de Lingua Galega e Literatura, destinados ao niveis educativos de 2º e 4º da ESO e adaptados ao novo marco lexislativo da LOMCE.


Promovido pola editorial Baía Edicións, este novo material didáctico para a materia de Lingua Galega e Literatura forma parte dun proxecto educativo máis amplo que abrangue todo os niveis do ensino secundario obrigatorio. Conforme ao calendario de implantación establecido na LOMCE, no curso 2015-2016 saíron do prelo os libros de texto dirixidos a 1º e 3º da ESO; mentres, neste ano de 2016, acaban de publicarse os destinados a 2º e 4º da ESO.

 

Xoán López Viñas e Cilha Lourenço Módia, profesor e profesora da Universidade da Coruña e membros do Grupo ILLA, xunto con María Vilariño Suárez, asinan este novo material educativo.  

 

O libro de  4º da ESO estrutúrase en quince unidades. As doce primeiras presentan oito bloques de contido: 1) Lectura; 2) Expresión oral; 3) Lingua e texto; 4) Léxico; 5) Gramática; 6) Ortografía; 7) Lingua e sociedade; 8) Reforzo de competencias. As tres últimas unidades están dedicadas á literatura.

 

1) Lectura. Textos próximos aos gustos e aos intereses do alumnado, con calidade literaria, heteroxeneidade xenérica, paridade de autores e autoras e contidos transversais.

 

2) Expresión oral. Práctica oral de diferentes situación comunicativas (facer suxestións, destacar unha idea, reformular etc.).

 

3) Lingua e texto. Propiedades e estruturas textuais tratadas mediante exemplos do ámbito cotián, de carácter formal e informal…

 

4) Léxico. Vocabulario temático con apoio visual. Fraseoloxía. Relacións semánticas. Formación de palabras.

 

5) Gramática. Funcionamento da lingua. Categorías gramaticais. Sintaxe.

 

6) Ortografía. Acentuación. Puntuación. Uso de determinadas letras e de palabras xuntas ou separadas.

 

7) Lingua e sociedade. Etapas da lingua galega desde 1916 atá a actualidade. Diversidade lingüística. Linguas en contacto.

 

8) Reforzo de competencias. Reforzo das competencias do alumnado mediante textos diversos que permiten traballar diferentes destrezas de modo integrado.

 

Literatura. Historia da literatura galega desde a época das Irmandades da Fala até a actualidade.