Actualidade


Identidade e xénero en Galicia desde unha perspectiva interdisciplinar
9-11 de maio de 2016
Varsovia

Entre o 9 e 11 de maio celebrarase na Universidade de Varsovia o Congreso Internacional Identidade de Xénero en Galicia desde unha perspectiva interdisciplinar.


O Centro de Estudos Galegos de Varsovia, en colaboración co Centro de Estudos Galegos de Kiel, organiza o Congreso Internacional Identidade de Xénero en Galicia desde unha perspectiva interdisciplinar, que se celebrará na Universidade de Varsovia entre o 9 e o 11 de maio de 2016. 

 

Este congreso pretende reflexionar e analizar, desde unha perspectiva multidisciplinar, sobre a identidade ou máis ben identidades comunitarias que levan construíndo os galegos ao longo da súa historia. Desde os mitos celtas e atlantistas pasando pola complexa construción feita polos exiliados desde América Latina, unha identidade cultural alternativa nun contexto transnacional, até beber das actuais teorías poscoloniais que, cuestionando a hexemonía metropolitana e a homoxeneidade cultural, reorientan a súa atención cara aos estudos transculturais e á construción de identidades subalternas.

 

A Varsovia acudirán as profesoras da Universidade da Coruña e integrantes do Grupo ILLA Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Teresa López. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, tamén membro do comité científico do congreso, abrirá as sesións correspondentes ao 10 de maio coa conferencia plenaria titulada “Da Galiza a Polonia: literatura e identidade nacional”. Pola súa parte, Teresa López presentará o relatorio “Tecendo redes: Jean R. Longland e a cultura galega alén mar” ese mesmo día entre as 17.00 e 18.30 h.

 

Máis información https://identidadeexeneroengalicia.wordpress.com/sobre-o-congreso/convocatoria/

http://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-04-2016-1956555 (a partir do minuto 01:40).