Actualidade


Publicación de 'Estudos literarios e campo cultural galego'
2018
Universidade de Santiago de Compostela

Publicación de Estudos literarios e campo cultural galego. Estudos en honra de Antón Figueroa, edición ao coidado de Teresa López, Laurence Malingret e Elias J. Torres Feijó.


Foi publicado o volume Estudos literarios e campo cultural galego. Estudos en honra de Antón, número 5 dos Cadernos CIPPCE sobre emerxencia cultural, colección dirixida por Arturo Casas. A edición, ao coidado de Teresa López, Laurence Malingret e Elias J. Torres Feijó, ten o seu punto de partida nos contributos presentados no Simposio do mesmo nome celebrado en setembro de 2015 na Universidade de Santiago de Compostela. O libro ábrese co artigo de Itamar Even-Zohar "O final da literatura?" e contén dezaoito traballos que se vinculan á teoría de campo de Pierre Bourdieu, á dos polisistemas, de Itamar Even-Zohar, e aos estudos do autor homenaxeado, Antón Figueroa, sobre as relacións intersistémicas, os défices dos campos emerxentes e as súas consecuencias, o campo de produción ideolóxica ou cuestións ligadas á autonomía e heteronomía dos campos culturais. 

O volume está accesíbel para a descarga en http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/998