Actualidade


Petición de contribucións para a Revista Galega de Filoloxía
6 de abril de 2016
A Coruña

A Revista Galega de Filoloxía fai chamamento para recibir contribucións para o volume 17, que se publicará neste ano de 2016.


A Revista Galega de Filoloxía (RGF), con depósito legal C-584-2000 e con ISSN 1576-2661, é unha publicación (revisada por un comité externo de expertos) vinculada ao Grupo de Investigación Linguïstica e Literaria Galega (Grupo ILLA) da Universidade da Coruña, de traballos de investigación orixinais e inéditos dedicados a algún aspecto lingüístico ou filolóxico, fundamentalmente do ámbito galego-portugués. As linguas preferenciais de publicación son o galego e o portugués, aínda que en casos especiais se admita a publicación en calquera outro idioma.


Fundada no ano 2000, ten unha periodicidade anual, de modo que só se edita un número por ano e está indexada en repertorios, directorios, índices e bases de datos nacionais e internacionais como BILEGA, Latindex, BBDD, DICE, ISOC, CARHUS Plus+ 2010, Dialnet, REGESTA IMPERII, ZBD etc.


As áreas temáticas da RGF son, entre outras, análise do discurso, fonética, fonoloxía, historia da lingüística, historiografía lingüística, lexicografía, lexicología, lingüística cognitiva, lingüística computacional, lingüística de corpus, lingüística forense, lingüística histórica, lingüística románica, morfología, neurolingüística, pragmática, psicolingüística, semántica, sintaxis, sociolingüística, tradución.

 

O prazo de envío de propostas para o volume 17 remata o 1 de xullo de 2016. Os artigos deberán remitirse ao correo electrónico e.mosquera@udc.es

 

Más información: http://illa.udc.es/rgf/