Actualidade


Sobresaliente cum laude para a tese de Micaela Rei Castro
4 de febreiro de 2019

O día 1 de febreiro Micaela Rei Castro defendeu brillantemente a súa tese de doutoramento O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane. O traballo, dirixido polo Prof. Dr. Carlos Paulo Martínez Pereiro, obtivo como cualificación Sobresaliente cum laude por unanimidade.


O día 1 de febreiro Micaela Rei Castro defendeu brillantemente a súa tese de doutoramento O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane ante un xuri presidido polo Prof. Dr. Perfecto Cuadrado (Universitat de les Illes Balears), en que actuou como vogal o Prof. Dr. Carlos Quiroga (Universidade de Santiago de Compostela) e como secretaria a Profª Drª Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña, Grupo Illa). 

O traballo, dirixido polo Prof. Dr. Carlos Paulo Martínez Pereiro, obtivo como cualificación Sobresaliente cum laude por unanimidade. 

A tese relaciona a obra mural de Seoane co conxunto da súa creación plástica e literaria, e analiza non só os murais e proxectos previos, senón tamén as vidreiras e tapices. Do exhaustivo traballo de inventario e análise levado a cabo por Micaela Rei, conclúese a centralidade da arte mural no totum artístico seoaniano.

Parabéns á nova doutora.