Actualidade


Palestra sobre o Seminario de Estudos Galegos e a literatura
25 de outubro de 2023, 19:30 h
AC Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º)

Teresa López participa no ciclo organizado pola agrupación cultural coruñesa con motivo do centenario do SEG.


Na súa intervención, a profª López, coordinadora de ILLA, abordará, entre outros asuntos, a atención que o SEG prestou á literatura como obxecto de estudo e o papel relevante que na creación literaria e nos estudos literarios tiveron membros da institución como Armando Cotarelo, Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde, Ricardo Carvalho Calero ou Ramón Otero Pedrayo.

A actividade está aberta a todas as persoas interesadas en asistiren.