Actualidade


Clastea III: Teatro Clássico e a sua receção
16-18 de marzo de 2016
Coimbra

Entre o 16 e 18 de marzo celebrarase na Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra a terceira edición de Clastea, con presenza de dúas profesoras pertencentes ao Grupo ILLA.


O congreso Clastea é unha iniciativa conxunta das universidades de Coimbra, Granada, Mar del Plata e Rosario, dedicado á reflexión e debate de temas de teatro clásico grecolatino e á recepción en lingua portuguesa e española. As dúas iniciativas anteriores celebráronse en Mar del Plata (2011) e Rosario (2013), e correspóndelle á Universidade de Coimbra a organización desta terceira edición, que leva por título “O livro do tempo: escritas e reescritas” e que transcorrerá na Faculdade de Letras entre o 16 e 18 de marzo de 2016.

 

Dúas compoñentes do Grupo ILLA da Universidade da Coruña acudirán a Coimbra para presentar os seus estudos e investigacións sobre a influencia da cultura clásica na literatura galega: Pilar García Negro e Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Ambas as dúas intervirán o día 18, sexta feira; a primeira, cunha comunicación titulada “A sombra de Orfeu, de Ricardo Carvalho Calero: o mito clássico ao serviço de uma fantasia masculina?” e a segunda, con “A Lagarada" de Ramón Otero Pedrayo ou a tragédia clássica como instrumento renovador da visão de Galiza”.

 

Máis información en: http://cechfluc.wix.com/clastea3#!blank/vtzwt