Actualidade


Rosalía de Castro no Grupo ILLA
A Coruña

24 de febreiro, Día de Rosalía, conmemórase o nacemento da grande escritora galega Rosalía de Castro.


Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe chamada Rosalía de Castro) e finou en Padrón, na Casa da Matanza, o 15 de xullo de 1885, cando contaba con 48 anos de idade.

 

Rosalía de Castro converteuse nunha das figuras literarias clave na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo, e a súa densa creación literaria –en prosa e verso, en galego e castelán– ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX.

 

A publicación de Cantares gallegos (17 de maio de 1863), escrito integramente en galego, supuxo un fito histórico e de gran transcendencia para o presente e futuro da nosa literatura. En palabras da profesora Pilar García Negro foi o “primeiro monumento da literatura galega contemporánea”. A obra rosaliana dános a coñecer unha muller cun avanzado pensamento político e social, crítica co mundo que lle tocou vivir e comprometida co pobo galego.

 

Rosalía de Castro é obxecto de estudo nos diversos traballos de investigación realizados polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Pilar García Negro, Teresa López, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membros do Grupo ILLA, dedicáronlle parte das súas investigacións:

 

 

Libros

García Negro, Pilar (ed.), No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, 282 pp. [ISBN 978-84-89323-97-1].

García Negro, Pilar, Cantares Gallegos, hoxe: unha lectura actualizada de Rosalía de Castro , Lugo, Alvarellos, 2013, 132 pp. [ISBN 978-84-89323-88-9].

García Negro, Pilar, Outramente, Edicións Laiovento, 2012, 123 pp. [ISBN 978-84-8487-223-8].

García Negro, Pilar, O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2010, 186 pp. [ISBN 978-84-7824-597-0].

 

Capítulos de libros

García Negro, Pilar, "[Fragmentos]. Emilia Pardo Bazán", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 215-227 [ISBN 978-84-89323-97-1].

García Negro, Pilar, "De La Regenta (1885). Leopoldo Alas, Clarín", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, 2015, pp. 195-201 [ISBN 978-84-89323-97-1].

García Negro, Pilar, "Presentación", en MªPilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 7-15 [ISBN 978-84-89323-97-1].

García Negro, Pilar, "Escolma e comentario dos textos escollidos de Follas Novas", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 17-80 [ISBN 978-84-89323-97-1].

García Negro, Pilar, "O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe ", en Rosario Álvarez/Anxo Angueira/María do Cebreiro Rábade Villar/ Dolores Vilavedra (eds.) : Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada , Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2014, pp. 263-282 [ISBN Dixital doi:10.17075/rcsxxi.2014].

García Negro, Pilar, “Arredor de Negra Sombra”, en Rosalía na cobiza do lonxe (Cadernos Ramón Piñeiro, volume XXVI), Santiago de Compostela, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 2013, pp. 54-64  [ISBN: 978-84-453-5101-7].

García Negro, Pilar, “O conceito de auctoritas reformulado na obra de Rosalía de Castro: autor, autoría, autoridade”, en Coloquio Internacional Narrativas do Poder Feminino (26-27 abril de 2012, Braga), Braga, Publicações da Faculdade de Filosofia, Universidade Católica Portuguesa / Aletheia. Associação Científica e Cultural, 2012, pp. 399-409 [ISBN: 978-972-697-205-1].

García Negro, Pilar, "De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro da Galiza", Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, literatura, identidade, A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, pp. 193-201 [ISBN 978-85-60559-08-4].

García Negro, Pilar, "Rosalía de Castro: o valor dunha pioneira", en Fortes, B. (coord.): Escrita e Mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf, Santiago de Compostela, Sotelo Branco, 2003, pp. 127-131 [ISBN 84-7824-430-1].

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "Os diminutivos na poesía en galego de Rosalía de Castro", en M. Casado, A. Freire, J. E. López e J.I. Pérez (eds.): Scripta Philologica in memoriam Manuel Taboada Cid, 2, A Coruña, Universidade da Coruña, 1996, pp. 837-862 [ISBN 84-88301-24-3].

García Negro, Pilar, "A orixinalidade de Rosalia", Rosalia de Castro. Unha obra non asumida, A Coruña, Alexandre Bóveda, 1985, pp. 33-51 [ISBN 84-85271-32-7].

 

Artigos en revistas

López, Teresa, "Manuel Murguía e Rosalía de Castro nos inicios como escritora de Narcisa Pérez Reoyo", Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 18, Madrid, Universidad Complutense de Madrid, 2015, pp. 45-57 [ISSN 1138-9664] [ISSN Dixital 1988-3285] [DOI http://dx.doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.51217].

García Negro, Pilar, ""Estranxeira na súa patria" de Rosalía de Castro: a identidade negada na propria terra ", Madrygal, 18, UCM, 2015, pp. 349-357 [ISSN 1138-9664] [DOI http://dx.doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.48559].

García Negro, Pilar, "Iusfeminismo de Rosalía de Castro como refundición de la auctoritas: autor, autoría, autoridad", Studi Ispanici, XXXIX, Pisa-Roma (Italia), Fabrizio Serra Editore, 2014, pp. 91-100 [ISSN 0585-492X].

García Negro, Pilar, “O ceo visto desde a Terra na obra de Rosalía de Castro”, Maremagnum, Santiago de Compostela, 2012, pp. 93-108 [ISSN 1698-5966].

García Negro, Pilar, “Á procura dunha muller chamada Rosalía de Castro”, Revista Galega de Educación, Vigo, 2013, pp. 12-16 [ISSN 1132-8932].

García Negro, Pilar, "Apontamentos sobre a personalidade de Rosalía vista por algúns contemporáneos seus", O Ensino, 8, 1986.

García Negro, Pilar, "Rosalía: Unha lección para hoxe", Festa da Palabra Silenciada, 2, 1985.

García Negro, Pilar, "Rosalia Murgiak ikurisik", Esmorga, Asociación Cultural ‘Rosalía Castro’ , 1985.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo, "Rosalía e o início dunha desmitificación 1880/1980", Man Comun, 1980, pp. 40-41.

 

 

 

Comunicacións en congresos

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "A construção contra a norma: aporximação às personagens femininas na obra de Rosalia de Castro", en Colóquio Internacional Culturas em Negativo, Universidade do Minho, Braga, 1-3 de outubro de 2015.

García Negro, Pilar, “Rosalía de Castro: a orixinalidade do seu cantar”, VI Encontro Cidade da Coruña: os territorios da invisibilidade (11 de marzo-3 de maio de 2013, A Coruña).

García Negro, Pilar, “Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega. Nova arte, novo espírito”, I Congreso Xénero, Museos e Arte (11-13 de outubro de 2013, Lugo).

García Negro, Pilar, “De Rosalía a Castelao. Pensar a Nación”, Pensamento galego no ensino (11-12 de marzo de 2011), CIG & Asociación Socio-pedagóxica Galega (as.pg).

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "O Prólogo de El caballero de las botas azules ou o ensaio dunha poética nova", en Congreso internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. Publicado en Actas do Congreso internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (vol. I), Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela, 1986, pp. 475-482 [ISBN 84-7191-399-2].

García Negro, Pilar, "Rosalía á luz de Mara", en Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, Santiago de Compostela, 15-20 xullo de 1985. Publicado en Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Vol. I, pp. 73-80.

 

Tese de doutoramento

Pardo Amado, Diego, O debate sobre a identidade feminina na obra de Rosalía de Castro. ( Universidade da Coruña 2011 ), dirixida por Pilar García Negro.